NAFARROAKO ondare materiagabearen ARTXIBOA

  • Argitaratze urtea:
    2022
  • Egileak:
  • -   López Fernández, Carme
  • Bolumena:
  • Zenbakia:
  • Orrialdeak:
  • Argitaratze data:
    2022///
  • Argitaratzailea:
    Universidade da Coruña
Esta investigación parte do tratamento da música tradicional como parte do patrimonio inmaterial galego, abordando o seu estudo a través do caso particular de Liñares (Avión-Ourense). O crecente interese en relación ao patrimonio lévannos a desenvolver este traballo dentro dun campo no que a perspectiva académico-científica é practicamente inexistente. Para levala a cabo tomamos como base metodoloxías de índole cualitativa vinculadas coa etnografía, como a teoría fundamentada e o traballo de campo de corte etnomusicolóxico, baseándonos na constante revisión, reformulación e triangulación dos datos obtidos a través de instrumentos específicos como as entrevistas. A maiores disto, neste estudo adquiren especial relevancia as cuestións especificamente musicais, a través da compilación e o análise, sen esquecer o tratamento pedagóxico deste material. Os resultados obtidos fálannos dunha tradición oral galega que chega ata os nosos días, adaptándose ao contexto actual a través da configuración dun sector socio-económico concreto, o da música tradicional, dentro do cal ten especial relevancia a investigación sobre o repertorio musical e os seus significados. O repertorio de Liñares caracterízase por unha serie de elementos funcionais e musicais que se manteñen ao longo do tempo, vinculados co seu contexto xeográfico concreto e cos ítems musicais propios da tradición oral. En definitiva, neste estudo podemos coñecer a realidade que contextualiza a música tradicional galega de xeito xeral e, especificamente, tratamos a través do caso representativo de Liñares un compendio de músicas definidas a través do seu contexto, significado, usos, funcións, características musicais e posibilidades didácticas, todo o que lle confire unhas características propias que a singularizan e diferencian doutras músicas galegas.