ARCHIVE du patrimoine immatériel de NAVARRE

  • Année de publication:
    2004
  • Auteurs:
  • -   Insua, Emilio Xosé
  • Magazine:
    Nova Ardentía: revista galega de cultura marítima e fluvial
  • Volume:
  • Numéro:
  • Pages:
    27 - 32
  • Numéro:
    1
  • Date de publication:
    2004///
  • ISBN:
    1699-3128
O Patrimonio Inmaterial ben podería considerarse a parte invisible dun todo, a cara que non se ve,coma obra viva somerxida na memoria. Sempre discreto, con coidado de non asomar por riba da liña de flotación da cultura conservada dende os tempos da salga, do afumado e o escabeche. A uns deixáronlles leiras, a outros barcos e a uns poucos un fato de plantillas e medios-cascos e unhas nocións sobre o emprego das ferramentas dos carpinteiros de ribeira, dos cesteiros, redeiros..., e a todos, a necesidade que prende o facho do enxeño. Nós, a Federación, tamén xurdimos da necesidade, de ver o estrago dos barcos na area, de tanta éxtase pola desfeita. Traballamos e medramos, e agora estamos a aprender a ver que na mirada de moitos vellos calados agóchanse plantillas, cuartas, moldes e patróns, .... que a Ardentía non nos cegue, e que sexa o facho que nos alume o que aínda non vimos.